Núñez, Toño (1959-)

Os Balbinos = Camino Portugués = The Portuguese Way . Camiño Portugués / Toño Núñez - 1ª ed. - [Silleda, Pontevedra] : EdiciónsFervenza , 2021 - 108 p. : principalmente il. cor; ; 23 x 25 cm - Os Balbinos .

Cuarto e último libro da colección Os Balbinos, con ilustración a toda cor e encadernado en tapa dura. En tres idiomas: Galego, castelán e inglés.
Somos a familia dos Balbinos, Lúa e Bal e os nosos pais Lena e Lino, e estamos percorrendo as distintas Rutas do Camiño ata Santiago de Compostela nos tramos que corresponden a Galicia, e todas as nosas aventuras contámolas nos nosos libros. O Camiño Portugués será o cumio das nosas aventuras e estrearemos un uniforme moi chulo deseñado por papá e coa palabra “Ultreia!”... Queredes saber que significa? Pois teredes que esperar a ler as nosas andainas!
Nesta nova ruta podemos escoller entre facer a andaina pola costa ou escoller a variante central e, como lle tocaba elixir a Lúa... elixiu o central, dende Tui. Esta foi unha aventura marcada pola historia e na que mamá nos ensinou moito de reis, monumentos e vilas... e tamén tivemos moita diversión percorrendo todos os concellos polos que transcorre esta ruta: Tui, O Porriño, Mos, Redondela, Soutomaior, Vilaboa, Pontevedra, Barro, Portas, Caldas de Reis, Valga, Pontecesures, Padrón, Brión, Teo, Rois, Ames e Santiago.

3º-4º Primaria 5º-6º Primaria

9788418136504


camiño portugués


Camiño de Santiago - --Descrición - --Libros infantis
Camino de Santiago - --Descripción - --Libros infantiles

91

Coa tecnoloxía Koha