Inclúe apéndice documental
II Premio Divina Pastora de Novela Gráfica Social, 2014
Transcorreu un ano des que o accidente dun petroleiro causou unha gran marea negra. Otero, subsecretario de Pesca do goberno autonómico, presenta ante os medios de comunicación unha campaña publicitaria que anuncia a recuperación da costa e do sector pesqueiro. En realidade, trátase dun exercicio de manipulación informativa que busca acalar as críticas á xestión política da catástrofe ecolóxica. Mariñeiros, xornalistas, comerciantes e voluntarios son os outros grandes actores deste drama coral, que gaña en matices e profundidade a medida que o desenvolvemento da historia —relatada en sentido inverso— se desprega perante o lector.