101 lugares del Camino de Santiago sorprendentes : camino francés y prolongación al Finisterre / Antón Pombo
por Pombo, Antón (1965- )
.
Tipo: 




Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES Marco Do Camballón | 93 POM 101 | Dispoñible | PED030000011395 |
|
En moitos casos os peregrinos quéixanse de non dispoñer de tempo, ou ánimo, para visitar certos lugares, inmediatos ao seu roteiro ou próximos, de interese natural ou cultural. De tal circunstancia, provocada polo esgotamento físico, adoita nacer un propósito para tranquilizar a frustración "teño que regresar, con máis calma, para coñecer a fondo estas poboacións polas que agora transito fugazmente" . En certo xeito, de acordo coa idea de Balzac de que o corpo e o espírito posúen diferentes memorias, ao primeiro haberá que darlle repouso, e tempo, para que o segundo poida nutrirse diso que veu en chamarse turismo cultural, e que os aristócratas e burgueses do pasado incorporaban nun programado circuíto con vocación pedagóxica.
Sirvan estes 101 lugares, máis ou menos coñecidos (a selección podería ser outra completamente diversa), para atraer de novo ao "pelegrino curioso" como se autocalificaba no século XVI Bartolomeu de Villalba e Estaña, que todos levamos dentro. Percorreremos así un Camiño inesgotable que, ademais, sempre está presto a ofrecernos proveitosas relecturas. Antón Pombo (xornalista e historiador), Premio Internacional Aymeric Picaud polo seu traballo de investigación e difusión dos valores xacobeos, protagonista do renacer da peregrinación desde os anos oitenta do pasado século, percorreu os Camiños de Santiago en innumerables ocasións. Este libro é o froito de tantas xornadas transcorridas nel.