Ser muller nesta sociedade implica enfrontarse regularmente a comportamentos machistas. Como identificar e afrontar esas condutas? Neste cómic as adolescentes (e máis...) atoparán un conxunto de técnicas para sentirse máis preparadas, libres e seguras: posturas corporais, defensa verbal, o xiro de cento oitenta graos, a intervención paradoxal, a defensa física… En definitiva, diferentes ferramentas para axudarlles a sentirse máis libres e seguras, tanto nos espazos públicos como na esfera privada.
3º-4º ESO