Lumefrío / Ramón Caride Ogando
por Caride Ogando, Ramón [autor/a]
; Ramón Caride Ogando [autor/a]
.
Tipo: 




Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES Marco Do Camballón Sala préstamo | N CAR lum | 1 | Dispoñible | PED030000000999 |
|
Coa conciencia definitiva e esmagadora do noso fracaso irreparábel, sento diante do teclado por última vez para gravar o informe final, que constará neste banco de datos, relativo ao chamado "Proxecto T". Anoto que, á beira da miña man dereita, repousan un paquete de tabaco, as chaves da miña casa á que non tornarei endexamais e un frasco con cápsulas de veleno, o máis fulminante que puiden achar nos depósitos de medicamentos deste centro. É difícil sobrevivir a unha soa cápsula, imposíbel a dúas; eu tomarei xuntas as cinco que restan no frasco para acelerar a fin á que non teño xeito de fuxir e que tampouco desexo agardar máis.
3º-4º ESO