Memorias dun neno labrego / Xosé Neira Vilas
por Neira Vilas, Xosé [autor/a]
; Díaz Pardo, Isaac [ilustrador/a]
; Xesús Alonso Montero [prologuista]
.
Tipo: 






Este rexistro ten moitos ítems físicos (60). Faga clic aquí para velos todos.
Ilustracións de Isaac Díaz Pardo
Maiores de 12 años
Memorias dun neno labrego é o caderno no que Balbino escribe todo o que lle acontece na súa aldea. A familia do protagonista é moi pobre e traballa a terra e o gando dun Señor. Os país de Balbino trátano coma a un maior, pero nos seus ollos aínda se pode albiscar a inocencia propia dun neno da súa idade. A Balbino gústalle pensar o porque das cousas e cavilar sobre o mundo. Non ten moitos xoguetes, máis é feliz , xa que se conforma con moi pouca cousa. Tampouco ten amigos e agora que moita da súa xente querida ten que emigrar a América, Balbino síntese máis solo ca nunca. Pero pronto vese obrigado, por mor dunha discusión a abandonar a súa familia e buscarse el só a vida. O único que o mantén con ilusión para seguir vivindo son esas cousas insignificantes para os ollos dun adulto, pero tan importantes para un neno.
3º-4º ESO