Partindo da historia familiar de Shakespeare, Maggie O’Farrell transita entre a ficción e a realidade para trazar unha hipnótica recreación do suceso que inspirou unha das obras literarias máis famosas de tódolos tempos. A autora, lonxe de fixarse unicamente nos acontecementos coñecidos, reivindica con tenrura as inolvidables figuras que habitan nas marxes da historia e afonda nas pequenas grandes cuestións de calquer existencia: a vida familiar, o afecto, a dor e a perda. O resultado é unha novela con enorme éxito internacional que confirma a O’Farrell coma unha das voces máis brillantes da literatura inglesa actual.
1º-2º BAC
Women's Prize for Fiction 2020.