Esta antoloxía recolle 22 relatos escritos por mulleres. Aquí atoparás narracións de figuras consagradas como Emilia Pardo Bazán, Mary Shelley ou Edith Warton, e descubrirás a autoras menos coñecidas como María de Zayas ou Alice Dunbar-Nelson. Aínda que pertencen a distintas épocas e lugares, todas teñen algo en común: a valentía de ir ao contracorrente e alzar a voz en tempos nos que era case imposible que unha muller desenvolvese as súas capacidades creativas.
Os seus relatos abarcan séculos de resiliencia, empoderamento e unha loita incansable para afianzar os seus dereitos. Ademais da calidade literaria, en todos eles quedan retratadas a personalidade e as inquietudes de cada unha destas grandes mulleres que contan.
1º-2º BAC
3º-4º ESO