El viento conoce mi nombre / Isabel Allende
por Allende, Isabel (1942-)
.
Tipo: 
Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES Marco Do Camballón | N ALL vie | Dispoñible | PED030000011511 |
|
Viena, 1938. Samuel Adler é un neno xudeu de seis anos cuxo pai desaparece durante a Noite dos Cristais Rotos, na que a súa familia o perde todo. A súa nai, desesperada, conséguelle unha praza nun tren que o levará dende a Austria nazi ata Inglaterra. Samuel emprenderá unha nova etapa co seu fiel violín e co peso da soidade e a incerteza, que o acompañarán na súa dilatada vida.
Arizona, 2019. Oito décadas máis tarde, Anita Díaz, de sete anos, sobe coa súa nai a bordo doutro tren para escapar dun inminente perigo en El Salvador e exiliarse nos Estados Unidos. A súa chegada coincide cunha nova e implacable política gobernamental que a separa da súa nai na fronteira. Soa e asustada, lonxe de todo o que lle é familiar, Anita refúxiase en Azabahar, o mundo máxico que só existe na súa imaxinación. Mentres tanto, Selena Durán, unha traballadora social, e Frank Angileri, un exitoso avogado, loitan por reunir á nena coa súa nai e por ofrecerlle un futuro mellor.
En "El viento conoce mi nombre" pasado e presente entrelázanse para relatar unha historia sobre os sacrificios que ás veces os pais deben facer polos seus fillos, sobre a sorprendente capacidade de algúns cativos para sobrevivir á violencia sen deixar de soñar, e sobre a tenacidade da esperanza, que pode brillar mesmo nos momentos máis escuros.